top of page

Unha colisión entre dous vehículos no municipio de Lalín sáldase con feridos

3 ene 2022
1 min de lectura

O suceso tivo lugar esta tarde na parroquia de Catasós


Ecos da Comarca/Lalín

O municipio de Lalín rexistrou esta tarde unha colisión entre dous vehículos, tal e como informa o 112 Galicia. Este foi alertado pasados uns minutos das tres da tarde por un particular.


O suceso tivo lugar na N-525 á altura do lugar de Cabreira, na parroquia de Catasós. Tal e como indica o 112 as persoas afectadas no accidente estaban liberadas e accesibles, pero quedaron feridas, aínda que non transcedeu o número exacto das que precisaron asistencia médica. Ademais, o accidente dificultou en parte o tráfico polo lugar.


O 112 mobilizou a Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil e á Policía Local da localidade e tamén deron aviso aos Bombeiros de Deza e ao Servizo de Mantemento de Estradas.

Foto arquivo.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page