Unha colisión entre dous vehículos en Melide sáldase cun ferido
- ecosdacomarca

- 11 mar 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Melide
Este venres pola noite rexistrouse un accidente de tráfico en Melide no que se viron implicados dous vehículos.

O suceso ocorreu na estrada AC-840 á altura do quilómetro 49 preto das Cazallas. O 112 Galicia foi alertado sobre as 22:00 horas por un dos particulares implicados.
"Tratouse dunha colisión lateral de dous vehículos que obstaculizaban en parte a circulación", sinala o 112 Galicia. "Na primeira chamada sinalaban que non había feridos, pero sobre as 22:40 horas un dos implicados volvía chamar para indicar que precisaba asistencia sanitaria", sinala o 112 Galicia.
Ao lugar desprazáronse os axentes da Garda Civil de Tráfico e posteriormente, Urxencias Sanitarias.







Comentarios