top of page
Foto del escritorLaura Moure

Unha bandeira de Galicia dende Agolada a Portugal

O veciño Ángel Luis Utrera fíxoa chegar ata un bar luso


Laura Moure/Agolada

O veciño de Agolada Ángel Luis Utrera está en todo! El é unha desas persoas que podemos atopar en practicamente calquera evento e que ademais o plasma coa súa cámara de fotos. Sen dúbida, xa ten un baúl dos recordos repletos de historias que serán un gran tesouro ao longo da historia. Pois ben, desta volta, decidiu enviar dende Agolada unha bandeira de Galicia a Portugal. Preguntarédesvos para que? Mirade o que conta o propio Utrera a través das súas redes sociais.


Publicidade

"Hai un par de meses fixemos unha escapadiña a illa de Madeira. Alí unha noite cenando no JOES BAR de Jardim do Mar, cuxa decoración é toda ela con bandeiras recibidas polos clientes, de todo o mundo, botamos en falla a de Galicia", sinala Utrera.


Publicidade

"Ao ir a pagar, indicámoslles que resultaba curioso que non tiveran a nosa bandeira, cando Portugal e Galicia somos case que irmáns, así que logo de charlar sobre o tema, acordamos que tan pronto regresaramos á casa, lles mandariamos unha bandeira do noso país. Finalmente hoxe (por onte), o prometido é débeda e recibimos correo electrónico coas fotos de como quedou instalada por Manuel María e Jessica o símbolo de Galicia, por e para todos, como acuse de recibo da nosa promesa de mandarlles unha con dedicatoria".


Publicidade

"Moitísimas grazas aos amigos do Joes Bar, sempre no noso corazón e dende xa ninguén botará en falla a nosa enseña azul e branca", subliña este veciño de Agolada. Ademais, Utrera comparte a tarxeta enviada polos donos do local luso.


Publicidade


Buenos días, Ángel. Espero que este mensaje te encuentre bien. Queríamos agradecerte el envío de la bandera gallega (que aún no teníamos y fuiste el primero en traerla). Nos sentimos muy honrados por este gesto, que cumple con lo prometido y demuestra lo buena gente que sois. Ya hemos colocado la bandera en el techo junto con todas las demás, ¡representando no sólo la cultura y el orgullo de vuestra región, sino también el respeto y la consideración que os tenemos! ¡Adjuntamos las fotos que nos hicimos con Manuel Maria y Jessica junto a vuestra bandera! Una vez más queremos daros las gracias de corazón y reiteraros que seguiremos aquí para recibiros siempre que queráis pasaros (¡os prometemos una copa! Jajaj).
Fonte: Ángel Utrera


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page