top of page

Una persoa ferida leve nun accidente en Melide

Ecos da Comarca/Melide

Na madrugada deste martes, sobre as 3 horas, rexistrouse un accidente de tráfico na AC-840 á altura da da Rambla de San Pablo. Tratouse dunha saída de vía e saldouse cunha persoa ferida leve.

O accidente desta madrugada. Autor: E.C.

Ata o lugar desprazáronse unha ambulancia do 061 e Protección Civil de Melide.


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

Os Bombeiros de Arzúa tamén foron avisados. "Fomos mobilizados ás 2:53 horas polo 112 Galicia a causa dunha saída de vía con posibles atrapados na AC-840 no punto quilométrico 50 en Melide. De camiño ao lugar os medios son anulados por Protección Civil de Melide informando dende o punto que a persoa non estaba atrapada e que xa estaba sendo atendida polo 061", informan os Bombeiros de Arzúa.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page