Un xabaril provoca un accidente de tráfico na parroquia agoladesa de Berredo
- ecosdacomarca

- 5 abr
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Agolada
Onte, sábado, produciuse un accidente de tráfico no municipio de Agolada a causa dun xabaril.

O suceso ocorreu sobre as 9 da noite na estrada PO-840 á altura da parroquia de Berredo. Un coche circulaba por este vial cando se lle cruzou un xabaril que acabou atropelado.
PUBLICIDADE

No vehículo solo ía a condutora que saíu ilesa. Ata o lugar desprazáronse o Servizo da Mantemento da Estrada, que foi o encargado de retirar o animal, e a Garda Civil de Tráfico.
Publicidade
Cabe mencionar que esta zona estase convertendo nun tramo perigoso debido o paso habitual destes animais, polo que se debe extremar a precaución.







Comentarios