Un vertido de esterco en Lalín causa o accidente dunha moto
- ecosdacomarca

- 1 ago 2025
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Lalín
Onte, xoves, sobre as 12:30 rexistrouse un accidente de tráfico en Lalín no que se viu implicado unha moto. A consecuencia dun vertido de esterco de galiña, ao longo duns dous quilómetros, un motorista sufríu unha caída.

Publicidade
Tal e como informan os Bombeiros de Deza o suceso ocorreu na N-525 no lugar de Cabreira, que pertence á parroquia de Catasós. O motorista tivo que ser trasladado para recibir asistencia sanitaria.
Publicidade
Ademais dos Bombeiros, tamén se desprazaron Emerxencias Lalín e operarios municipais.








Comentarios