top of page

Un vehículo sufre unha saída de vía en Lalín e impacta contra unha rotonda

Ecos da Comarca/Lalín

Un vehículo sufríu unha saída de vía esta mañá na localidade de Lalín que se saldou cunha persoa ferida.

O suceso ocorreu uns minutos antes das 11:30 horas e tal e como informa o 112 Galicia o vehículo bateu contra unha rotonda. Sucedeu na Avenida Xosé Cuíña, preto da estación de autobuses.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

"A persoa saíu do vehículo polos seus propios medios,pero si que precisou asistencia médica", informa o 112. Mobilizouse a Urxencias Sanitarias, ao GES de Lalín e á Policía Local.





Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page