Un veciño de Teixeiro, sospeitoso de varios incendios forestais ocorridos este verán en Sobrado e Melide
- ecosdacomarca

- hace 2 horas
- 2 Min. de lectura
Xa foi detivo por 11 delitos de incendio forestal na fase explotación da operación Torunda
Ecos da Comarca/Silleda
O Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) da Garda Civil da Coruña detivo a un home como presunto autor de 11 delitos de incendio forestal na fase explotación da operación Torunda. A mencionada operación iniciouse por mor do incendio acaecido o día 30 de xullo no termo municipal de Oza – Cesuras.
No transcurso da investigación, producíronse outros 10 incendios, de pequenas dimensións grazas á rápida intervención dos medios do Distrito Forestal II para a súa extinción, co denominador común de situarse todos nas marxes da estrada DP- 0302 (Teixeiro – Coirós), na área protexida da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, afectando os termos municipais de Coirós, OzaCesuras e Aranga.
Publicidade
Durante a análise da información solicitada, a cal contiña datos relevantes achegados pola cidadanía, os compoñentes do SEPRONA contaron coa colaboración da Garda Civil do Posto de Curtis, que achegou o coñecemento da súa demarcación para a súa disquisición. Como froito do traballo de campo realizado, os efectivos actuantes lograron a identificación do presunto autor dos ilícitos.
Unha vez coñecida a identidade, a Garda Civil procedeu á detención deste home como presunto autor de 11 delitos de incendio forestal, achando durante a inspección do seu vehículo unha botella de 250 ml de alcol de 96º, un envase pechado que contiña boliñas de algodón impregnadas en alcol, unha bolsa de plástico con boliñas de algodón sen impregnar e 1 chisqueiro.

O detido, xunto cos efectos atopados e as actuacións realizadas, foi posto ao dispor do Xulgado de Instrución número 1 de Betanzos, decretando a Autoridade Xudicial o seu ingreso en Centro Penal.
A Garda Civil mantén a operación aberta ante a sospeita de que esta persoa poida estar relacionada coa autoría doutros 10 delitos de incendio forestal ocorridos este verán nos termos municipais de Curtis, Vilasantar, Sobrado dos Monxes e Melide.
Os incendios forestais non só destrúen a flora e a fauna, senón que tamén poñen en risco a seguridade das persoas e as súas propiedades. Por iso, reitérase o chamamento á cidadanía para que colabore na protección dos nosos montes. A prevención e a colaboración son esenciais para evitar estes delitos. Se observa calquera actividade sospeitosa ou ten información sobre un incendio, contacte coa Garda Civil a través do teléfono 062 ou calquera outro canle de denuncia.







Comentarios