top of page

Un veciño de Agolada denuncia o ataque a unha das súas ovellas

Esta apareceu morta na parroquia de Artoño o pasado venres


Ecos da Comarca/Agolada

A ovella afectada

Iván García, veciño de Artoño (Agolada), atopouse cunha sorpresa desagradable este pasado venres cando se levantou. Unha das súas ovellas estaba morta na finca. El pensa que foi atacada polo lobo, xa que houbo máis veciños e incluso, cazadores que alertaron de que viran algún exemplar pola zona. Ademais, outro veciño da mesma parroquia tamén se atopou cun panorama similiar hai uns meses.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

"A finca está no medio das casa e vina así sobre as 8:30 horas", sinala García. "Cada vez vai ser máis fácil ver os lobos polo pobo ca ver os veciños", apunta.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

El pareceulle ver algo. "Pareceume ver marchar algo polo medio das casas, pero co enfado non me fixei, soamente mirei o desastre", lamenta García.

Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page