O Concello de Agolada inicia o procedemento para declarar en ruína un inmoble en Berredo
Ecos da Comarca/Agolada
O Concello de Agolada iniciou o procedemento administrativo para a declaración de ruína ordinaria dun inmoble situado no lugar da Igrexa, en Berredo, segundo consta no anuncio publicado no Boletín Oficial do Estado do pasado 18 de setembro 2026.
O expediente, identificado co número 343/2024, corresponde a unha solicitude de declaración de ruína sobre unha edificación de uso residencial, situada no número 9A do lugar da Igrexa-Berredo. Segundo os datos que figuran no expediente, trátase dun inmoble construído no ano 1900.


O Concello deste xeito dá audiencia aos propietarios, moradores e titulares de dereitos reais sobre o inmoble para que poidan presentar as alegacións, documentos, xustificacións e medios de proba que consideren pertinentes.
PUBLICIDADE
O prazo establecido é de un mes desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial do Estado.

PUBLICIDADE
A resolución de inicio do procedemento e os correspondentes informes técnicos están á disposición das persoas interesadas na sede electrónica do Concello de Agolada.









Comentarios