Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Un traballo dende o rural para ter o mellor no prato

Tania López Rial, veciña de Visantoña, toma o relevo da súa avoa María Quintela e vende produtos de horta

Tania López un domingo na praza de Melide. Foto: Turismo Melide, Cerne de Galicia


Laura Moure/Santiso

É toda unha riqueza poder adquirir de primeira man produtos de calidade e de cultivo propio. É un destes lugares onde se pode mercar con total confianza son as prazas de abastos onde as distintas verduras e froitas chaman a atención en calquera recuncho. Ademais, atópaste cos vendedores e vendedoras de toda a vida que xa saben o que queres e o que máis che gusta. Tania López Rial é unha destas profesionais a quen podemos atopar os domingos na Praza das Coles de Melide.


Esta moza colleu o relevo da súa avoa María Quintela Romero. Elas son veciñas da aldea de Visantoña, en Santiso. "Miña avoa levaba máis de 40 anos indo á praza vender e eu desde pequeniña empecei a ir con ela ás feiras. Daquelas iamos a Arzúa e Melide. Agora ela é maior e fai cinco anos que decidín seguir con isto", conta Tania López.

A súa avoa María Quintela

Coma todos os traballos ten as súas partes boas e malas, pero cando algo se fai porque gusta é todo máis doado e gratificante. "A min xa me gustaba isto de ir vender con ela e podendo facer o que gusta pois que mellor! O peor é o inverno cando chove, xa que plantamos fóra e tamén en invernadoiro. E ca pandemia é máis complicado todo porque non temos a garantía de poder vender os nosos produtos que cultivamos", apunta.


Reparto a domicilio

Xa que eles tamén son outro dos sectores afectados pola pandemia porque en máis dunha ocasión suspendéronse os mercados a causa do coronavirus o que provocou importantes danos e perdas nestes negocios. "O peche dos mercados perxudícanos moito xa que a nosa clientela é de mediana idade e tamén xente maior e agora a xente colle medo a ir os mercados. Así que ao pechar todo decidín facer reparto a domicilio, xa que deste xeito a nosa clientela non se ten que desprazar. Así mesmo, gústalle que lle leve a mercadoría a casa, e a verdade é que a xente é moi encantadora e agradecida", sinala López.


Así é como esta moza segue os pasos da súa avoa apostando por produtos de tempada e de calidade e por seguir vivindo do rural para poñer no prato os mellores ingredientes. E ante as tempestades aposta por reiventarse para que os seus produtos sigan chegando as distintas casas da contorna.



405 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE