top of page

Un traballador sofre queimaduras en mans e cara ao incendiarse unha motoserra

Ecos da Comarca/Xeral

Ocorreu ás 16:20 horas na parroquia de Batalláns, nas Neves. Para atender o ferido, acudiu un equipo médico a bordo do helicóptero con base en Ourense.

Foto de arquivo.
Foto de arquivo.

Unha chamada ao 112 Galicia do seu compañeiro de traballo permitiu a activación dos recursos necesarios para atender o ferido, que presentaba queimaduras nas mans e na cara. As lesións foron provocadas por un lume orixinado na motoserra que estaba utilizando cando traballaba no monte.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviaron unha dotación a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Ademais, avisouse aos axentes da Garda Civil e aos efectivos do GES-Bombeiros de Ponteareas.



 
 
 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page