Un traballador require asistencia urxente en Sarria tras sufrir un corte profundo nunha perna
- ecosdacomarca
- 12 feb 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral

Un traballador require asistencia urxente en Sarria tras sufrir un corte profundo nunha perna, tal e como informa o 112 Galicia. Tras o aviso ao 112 Galicia, un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazouse ao lugar dos feitos a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense.
Publicidade
Así, o ferido recibiu os primeiros coidados antes do seu traslado para continuar co tratamento das lesións no centro hospitalario de referencia. Deste xeito, taponouselle a ferida e estabilizouse para poder continuar o traxecto cara ao hospital nas mellores condicións posibles.
Publicidade
Sobre as causas do accidente, o 112 Galicia recolleu os datos ofrecidos polo alertador, un compañeiro do afectado, que explicou que o corte produciuse durante a manipulación dunha máquina nun taller de despezamento de vehículos situado en Reimóndez, Sarria.
Este suceso rexistrouse pasada a unha desta tarde, e, ademais do equipo médico, interviñeron os axentes da Garda Civil e da Policía Local de Sarria.
Comments