Ecos da Comarca/Silleda
Este martes produciuse un accidente laboral no municipio de Silleda, tal e como informa o 112 Galicia, que foi alertado ás 11:40 horas. "Tratouse dun accidente laboral no que un traballador lle quedou un brazo atrapado nunha máquina", explica o 112.

Foron mobilizados Urxencias Sanitiarias, os Bombeiros de Deza e a Garda Civil. Ocorreu nunha canteira da parroquia de Vilar.
Publicidade
"Urxencias Sanitarias mobilizou ao helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago, pero debido as condicións meteorolóxicas non puido desprazarse", indica o 112 Galicia polo que foi trasladado en ambulancia ao centro hospitalario.
Comments