Un operario foi trasladado despois de sufrir un corte cunha radial no pescozo en Monterroso
- ecosdacomarca
- 17 feb 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Monterroso

Os feitos sucederon nunha nave situada na Rúa Salvador de Arotzarena, ao fío das 17:00 horas. Nese momento, o 112 Galicia recibiu a alerta do accidente laboral a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado para atender ao ferido.
Tal e como indica o GES de Monterroso trátase dun home de 45 anos.
De xeito inmediato, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos axentes da Garda Civil e do GES de Monterroso
Comments