Un octoxenario pasa a noite á intemperie logo de perderse durante unha camiñada
- ecosdacomarca

- 17 nov
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
O señor comunicouse por teléfono con coñecidos para indicarlles que estaba nunha zona de monte completamente desorientado.
As persoas coas que mantiña contacto avisaron a través do 112 Galicia, pouco despois da unha desta tarde.
Segundo explicaron, o octoxenario con domicilio en Vigo saíu onte camiñar e perdéuselle a pista ata que hoxe, e logo dun dispositivo policial para dar con el, tocou a porta nunha casa na Rúa Figueiras para pedir axuda.
Isto facilitou a súa localización e posterior traslado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo para someterse un exame médico.

Cómpre indicar que o señor ten doenzas previas e que botou a noite á intemperie, probablemente nunha zona de monte como describía ás persoas coas que mantiña contacto telefónico.
De feito, os xestores do 112 contactaron co señor en repetidas ocasións para xeolocalizar a chamada, pero o señor non atendía o teléfono. Tamén propuxeron aos seu coñecidos que contactase directamente co 112, pero nunca chegaba a efectuar a chamada.
Publicidade
En calquera caso, desde o 112, avisouse aos axentes da Policía Local e Nacional, que enviaron un helicóptero para tratar de dar co señor antes de que se botara outra noite enriba.
Sen embargo, foi o señor quen chamou ao porta dunha casa na Rúa Figueiras e pediu axuda. Unha patrulla da Policía acudiu de inmediato e solicitou asistencia médica para trasladalo ao centro hospitalario.
Publicidade








Comentarios