Ecos da Comarca/Xeral
Un cativo foi rescatado dun pozo en Ames onte, sábado, tal e como informa o 112 Galicia. Estaba consciente e, unha vez fóra do pozo, foi conducido ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

Quen alertou a través do 112 Galicia, cando pasaban das oito desta tarde, indicou que o rapaz falaba e que había máis persoas intentado sacar o cativo do burato.
Precisamente, desde o 112, pediuse a colaboración dos membros do GES de Brión e dos Bombeiros de Boiro. Tamén avisouse aos voluntarios de Protección Civil de Ames e aos axentes da Policía Local e Garda Civil.
Publicidade
Por suposto, foron alertados os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que se ocuparon do traslado do cativo en canto os efectivos de emerxencia lograron sacalo do pozo.
Comments