top of page

Un mozo ferido despois de saírse da vía e quedar atrapado no interior do vehículo en Vila de Cruces

19 dic 2021
1 min de lectura

A vítima é veciño do municipio


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Esta madrugada produciuse un accidente no municipio de Vila de Cruces. Tivo lugar as 3:30 horas na PO 205 no quilómetro 10, á altura do cruce do Corpiño, tal e como informa Protección Civil de Vila de Cruces.


Un Seat Altea saíuse da vía e o condutor, e único ocupante, quedou ferido. Tivo que se excarcelado polo bombeiros do parque de Silleda. O ferido, de 27 anos e veciño do concello, foi trasladado nunha ambulancia do 061 ao centro Rosaleda de Santiago de Compostela. "Ía consciente, pero cun forte dor na espalda", sinala Protección Civil.


O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) mobilizou aos servizos sanitarios, aos Bombeiros do Deza, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil da localidade e ao servizo de mantemento de estradas para restablecer e garantir as condicións de seguridade da vía.

Os bombeiros durante a excarcelación. Autor: Protección Civil Cruces.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page