top of page

Un mozo de Lalín presunto autor dun atropelo dobre en Vedra

Ecos da Comarca/Lalín

A Garda Civil identificou, e mantén en condición de investigado, ao home que atropelou o pasado 14 de setembro a dous operarios que se atopaban traballando na AP-53, á altura do municipio coruñés de Vedra. Os dous traballadores tiveron que ser trasladados ao centro hospitalario e descoñécese o motivo polo que o condutor, supostamente un mozo de Lalín, non parou tras o sucedido.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Foi un anaco dun retrovisor o que axudou á Benemérita a dar co implicado, xa que se trata dun espello dun modelo e marca moi concretos.


Gracias a estes restos, e tras revisar as cámaras da autopista e contactar con distintos talleres, descubriron que fora nun de Silleda no que o vehículo implicado cambiara o retrovisor.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Todo isto foi o que permitiu identificar ao presunto autor. O suceso ocorrera ao redor das sete da mañá en dita autopista dirección Santiago.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page