Un motorista sofre lesións graves a causa dunha caída co seu vehículo en Lalín
- ecosdacomarca

- 7 abr 2023
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Lalín
Un motorista sufríu un accidente en Lalín este xoves pola tarde.

Tal e como informa o 112 Galicia, o sinistro produciuse pasadas as sete da tarde na PO-902, na parroquia lalinense de Vilanova.
Foi unha persoa particular quen deu o primeiro aviso a través da súa chamada ao 112 Galicia. Grazas a esta comunicación, activáronse os protocolos necesarios para a atención do ferido, como a mobilización dos recursos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos membros do GES de Lalín e dos axentes da Garda Civil de Tráfico.
Ao remate das súas intervencións, os efectivos de emerxencias informaron ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia que o condutor da moto foi evacuado en estado grave ao centro hospitalario de referencia.
"Cómpre indicar que tamén se trasladaron os datos do accidente aos Bombeiros do Deza, mais a persoa estaba perfectamente liberada e accesible", indica o 112 Galicia.








Comentarios