Un motorista resultou ferido tras saírse da vía en Vedra
- ecosdacomarca

- 22 jun 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral

Un motorista resultou ferido tras saírse da vía en Vedra, tal e como informa o 112 Galicia.
O único implicado permaneceu consciente en todo momento pero precisaba asistencia sanitaria. Desde Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizaron ao seu persoal a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago.
Publicidade
Faltaban escasos minutos para as 15:30 horas cando un particular contactou co 112 Galicia e narrou o accidente, unha saída de vía dunha moto no quilómetro 1 da DP-8902, á altura da parroquia de San Mamede de Ribadulla. Durante a súa chamada, o alertador xa sinalou que o motorista non perdera a conciencia en ningún momento.
Publicidade
Neste operativo, ademais dos servizos sanitarios, interviñeron os axentes da Garda Civil de Tráfico e informouse ao GES da Estrada e aos voluntarios de Protección Civil de Vedra.
Publicidade









Comentarios