Un motorista resultou ferido nun accidente en Prevediños, Touro
Ecos da Comarca/Touro
Este sábado pola tarde rexistrouse un accidente de tráfico no municipio de Touro. No mesmo víronse implicados dous vehículos e saldouse cunha persoa ferida. O 112 Galicia foi alertado ás 18:20 horas.

PUBLICIDADE
Tal e como informa o 112 Galicia, tratouse dun accidente entre un coche e unha moto na estrada AC-240 á altura do quilómetro 22 na parroquia de Prevediños. "O motorista presentaba feridas de consideración", sinala o 112.
PUBLICIDADE
Ata o lugar desprazáronse unha ambulancia de Urxencias Sanitarias e a Garda Civil de Tráfico.









Comentarios