Ecos da Comarca/Melide
Onte, sábado, produciuse un accidente de tráfico entre un turismo e unha moto na localidade de Melide. O 112 Galicia foi alertado por Urxencias Sanitarias ás 20:40 horas.

"Tratouse dunha colisión entre un turismo e unha moto e resultou ferido o motorista que tivo que ser trasladado", informa o 112.
Ocorreu na Rúa de Galicia. Ademais de Urxencias Sanitarias, o 112 avisou á Protección Civil de Melide e á Garda Civil de Tráfico.
Comentarios