top of page

Un motorista ferido nun accidente na parroquia cruceña de Piloño

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

ree
Foto de arquivo.

Un motorista tivo un accidente de tráfico este mércores no municipio de Vila de Cruces. O 112 Galicia foi alertado por un particular pasados uns minutos das 12:00 horas.


Publicidade

ree
Preme na imaxe para obter máis información!

"Tratouse dunha saída de vía e o vehículo desprazouse cara un terraplén. Ocorreu na parroquia de Piloño, no cruce que vai á igrexa de Salgueiros", informa o 112 Galicia que indica que o motorista quedou ferido pero, a priori, non revestía gravidade. "Foi trasladado ao centro médico", puntualiza o 112.


Publicidade

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Foron avisados Urxencias Sanitarias, os Bombeiros de Deza, a Policía Local, Protección Civil do municipio, o GES de Lalín e a Garda Civil de Tráfico.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page