Un menor foi asaltado en Vila de Cruces
- ecosdacomarca
- hace 5 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
Tal e como xa adiantamos en EXCLUSIVA ECOS DA COMARCA onte, un menor foi asaltado o mércores pola tarde na localidade de Vila de Cruces.

PUBLICIDADE
O rapaz de 16 anos estaba sentado nun banco sobre as 18 horas agardando por uns amigos, cando dous varóns de entre 20 e 30 anos lle quixeron sacar o teléfono móbil. Levárono a un callejón e déronlle dúas labazadas e arrancáronlle a cadea de ouro.
PUBLICIDADE
Onte interpuxeron denuncia no cuartel da Garda Civil de Vila de Cruces. ECOS DA COMARCA contactou onte mesmo coa oficina de prensa da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra e indicounos que hai unha investigación aberta.
ENTREVISTAMOS AO PAI DO MENOR, PODES VER A ENTREVISTA NA NOSAS REDES SOCIAIS: https://www.facebook.com/reel/1547817226640876
Comentarios