Un mecánico, trasladado en helicóptero logo de caerlle enriba a porta dun autobús
- ecosdacomarca
- hace 4 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Un mecánico tivo que ser trasladado en helicóptero logo de caerlle enriba a porta dun autobús. Ocorreu preto das dez desta mañá mentres arranxaba o vehículo ao pé na OU-0524, en Amoeiro.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o mecánico golpeouse na cadeira ao caerlle enriba a porta do autobús. Así o explicou a persoa que chamou ao número único de emerxencias para solicitar asistencia médica urxente.
Publicidade
Deseguido, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediron a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, onde resolveron enviar unha dotación a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense.
Pola súa parte, os voluntarios de Protección Civil de Amoeiro participaron no operativo para servir de apoio na aterraxe da aeronave. Tamén se desprazaron axentes da Garda Civil.
Comentarios