Un lume iniciado nun soar afecta á fachada dun edificio en Melide
- ecosdacomarca

- hace 46 minutos
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Melide
Os Bombeiros de Arzúa tiveron que intervir este luns nun incendio rexistrado na Avenida de Toques, número 75, en Melide, despois de recibir o aviso ás 13:56 horas.

O lume iniciouse na herba seca situada na parte inferior da fachada dun edificio, tal e como informan os Bombeiros, propagándose posteriormente ao material illante do revestimento exterior do inmoble.
PUBLICIDADE
A rápida actuación dos efectivos permitiu controlar o incendio sen que se producisen danos na estrutura do edificio, limitándose as afectacións ao illante da fachada.
A intervención deu por finalizada ás 16:16 horas, momento no que os equipos regresaron á base.
PUBLICIDADE
Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Non se rexistraron danos persoais. Ata o lugar tamén se desprazaron a Policía Local e a Garda Civil.








Comentarios