Un lalinense falece tras atoparse mal e sufrir unha saída de vía en Santiago
Ecos da Comarca/Deza
Este mércores unha persoa foi atopada falecida no seu vehículo tras saírse da vía no quilómetro 8 da SC-20, na parroquia de Conxo, en Santiago de Compostela, tal e como informou o 112 Galicia. A vítima é un lalinense de 68 anos que se dirixía a levar a súa muller xunto ao seu fillo ao hospital.

Foi un particular que se atopaba no lugar o que informou ao 112 Galicia do accidente momentos despois das 14:30 horas. Este indicaba que o implicado non respondía aos seus intentos de contactar con el. Pola súa parte, o persoal sanitario solicitou a participación das forzas do orde para esclarecer as circunstancias do suceso.
Participaron no operativo Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Policía Local e Protección Civil de Santiago, ademais dos servizos de mantenimento da estrada.
Todo apunta que o lalinense sufriu previamente unha indisposición que lle provocou que sufrise o accidente. O resto de ocupantes sairon ilesos.








Comentarios