Un incendio nunha palleira na parroquia lalinense de Filgueira sáldase só con danos materiais
Ecos da Comarca/Lalín
Este xoves rexistrouse un incendio nunha palleira no lugar de Vilar, na parroquia lalinense de Filgueira. O 112 Galicia foi alertado ás 14:05 horas.

PUBLICIDADE
Os efectivos de Emerxencias Lalín levaron a cabo toda a extinción e despois tamén se desprazaron os Bombeiros de Deza e a Garda Civil.
PUBLICIDADE
O suceso saldouse unicamente con danos materiais, sen que houbese que lamentar danos persoais.









Comentarios