Un incendio nunha finca en Bandeira queda controlado sen danos persoais nin materiais
- ecosdacomarca

- 30 jul 2025
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
Un incendio declarado nunha finca da vila de Bandeira (Silleda) quedou
controlado sen que se rexistrasen danos persoais nin materiais. O lume iniciouse na zona do bordo da estrada N-525 e propagouse rapidamente por toda a parcela debido ao forte vento que se está a rexistrar hoxe no municipio, a pesar de que o terreo se atopaba limpo de maleza, tal e como informa o Concello.

Publicidade
"Desde o Concello de Silleda quérese agradecer a rápida intervención dos servizos de emerxencia e lembrar á veciñanza a importancia de extremar as precaucións nestes meses
de verán, especialmente no que respecta ao uso de colillas ou calquera outro elemento
susceptible de provocar un incendio en contornas urbanas e rurais".
Publicidade
O Goberno local tamén insiste na obriga de manter as parcelas limpas, tal e como recolle a
Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia,
que establece a necesidade de manter libres de vexetación pirófita os 50 metros que rodean as vivendas, solo urbano e núcleos rurais.








Comentarios