top of page

Un incendio forestal en Grixalba, en Sobrado, calcina 1,19 hectáreas

15 ago
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Sobrado

Onte, venres, orixinouse un incendio forestal no municipio de Sobrado dos Monxes que afectou a algo máis dunha hectárea.

Dúas motobombas forestais (foto de arquivo). Autor: Ecos da Comarca.
Dúas motobombas forestais (foto de arquivo). Autor: Ecos da Comarca.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Segundo os datos proporcionados pola Consellería de Medio Rural o incendio iniciouse ás 21:13 de onte e quedou extinguido ás 1:36 horas de hoxe.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Nas tarefas de extinción participaron 4 axentes, 6 brigadas e 8 motobombas. Afectou á parroquia de Grixalba e calcinou 1,9 hectáreas.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page