Un incendio forestal en Carboentes, Rodeiro, supera as 20 hectáreas
- ecosdacomarca

- 12 oct
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Rodeiro
A Consellería do Medio Rural informou hoxe, ás 18 horas, de que estaba activo un incendio forestal no concello de Rodeiro, na parroquia de Carboentes.

O lume iniciouse ás 14:26 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas. Para a súa extinción, tal e como indica a Consellería, mobilizáronse 2 técnicos, 4 axentes, 9 brigadas, 7 motobombas, 2 pas, 6 helicópteros e 6 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.
Publicidade
Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo,
toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas
poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085







Comentarios