Un incendio en Val de Sangorza (Agolada) afectou a unhas 3 hectáreas
- ecosdacomarca

- 10 jul 2025
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Agolada
Este xoves orixinouse un incendio na parroquia agoladesa de Val de Sangorza cuxa superficie estimada afectada ronda as 3 hectáreas.

Tal e como informa a Consellería de Medio Rural, o lume iniciouse ás 13:08 horas, quedou estabilizado ás 16:12 horas e controlado ás 18:35 horas.
Publicidade
Nos labores de extinción participaron 2 axentes, 6 brigadas 5 motobombas, 1 técnico, 2 helicópteros e 2 avións.
Publicidade
Fontes consultadas indicaron que o lume comezou nun prado de herba seca e que despois acabou afectando tamén ao monte.








Comentarios