top of page

Un incendio devora unha vivenda e ameaza outras dúas en Riós

Ecos da Comarca/Xeral

Bombeiros de Verín, GES da Gudiña e voluntarios de Protección Civil da localidade seguen traballando na extinción do lume, que xa arrasou unha vivenda en la parroquia de Fumaces.

Foto de Arquivo
Foto de Arquivo

Ao fío das oito desta mañá, a chamada ao 112 Galicia dun rapaz que observaba o incendio desde a parada do autobús permitiu activar os recursos necesarios para facer fronte a situación.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Así, avisouse aos Bombeiros de Verín, aos membros do GES da Gudiña e aos voluntarios de Protección Civil da localidade. Axiña informaron que o incendio adquiría intensidade e que xa tiña completamente colapsada unha vivenda. As outras dúas lindeiras corrían risco.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Ademais, tiveron que intervir os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 pois un dos ocupantes da vivenda tiña un corte nun brazo. Finalmente, foi trasladada polo equipo médico.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Pola súa parte, os equipos de emerxencias continúan, neste momento, coas labores de extinción, porque, se ben o lume quedou confinado na primeira vivenda afectada, deben seguir arrefriando e avaliando os danos.

 
 
 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page