Un incendio calcina 0,5 hectáreas na parroquia agoladesa de Ramil
- ecosdacomarca
- 29 jul 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Agolada
Este luns rexistrouse un incendio forestal no municipio de Agolada. En concreto, tivo lugar na parroquia de Ramil e ardeu media hectárea.

Segundos os datos proporcionados a ECOS DA COMARCA a Consellería de Medio Rural ás 18:30 horas, a esa hora o lume xa estaba controlado, e afectara a unha superficie de 0,5 hectáreas.
Publicidade
O lume comezou ás 17:11 horas e estaba controlado dende as 18:09 horas. Segundo os últimos datos, mobilizáronse para o seu control 4 axentes, 8 brigadas, 3 motobombas, 1 técnico, 2 avións e 3 helicópteros.
Comments