top of page

Un incendio afectou a unha nave de Melide

Ecos da Comarca/Melide

As forzas da orde investigan as causas do incendio rexistrado na noite do luns na antiga fábrica de leite situada na rúa do Folicheiro, en Melide. O lume afectou a varios palés acumulados no interior das instalacións.

Parte da nave incendiada. Autor: Bombeiros de Arzúa.
Parte da nave incendiada. Autor: Bombeiros de Arzúa.

O 112 Galicia tivo constancia do suceso arredor das 21:00 horas, tras recibir o aviso dos axentes da Garda Civil. De inmediato, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Arzúa e Ordes, á Garda Civil e aos voluntarios de Protección Civil de Melide.


 Vídeo de Onte. Autor: Ecos da Comarca:

Os Bombeiros de Arzúa controlaron o incendio con rapidez, polo que non foi precisa a intervención do parque de Ordes. Posteriormente, realizaron tarefas de desentullo e arrefriamento da zona e non se rexistraron verteduras nin danos persoais relacionados con este lume.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Os bombeiros de Arzúa indicáronlle a esta redacción preto das 10 horas de hoxe, martes, que volvían estar no lugar porque foron mobilizados ás 8:27 horas porque se reiniciou o lume.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page