top of page

Un incendio afectou a tres coches e provocou danos na fachada dun edificio de Vila de Cruces

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Víronse afectados tres vehículos. Autor: Ecos da Comarca.

Esta madrugada o lume provocou danos materiais nos estantes máis próximos ao exterior dun baixo comercial, que se viu tamén danado pola calor. Igualmente, rebentou parte da fachada e o fume afectou á fiestra do primeiro andar.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Nos momentos previos ás 2:30 horas desta madrugada, un particular contactou co 112 Galicia para explicar que estaba ardendo un coche na rúa Soto, nas Cruces. A carón había un edificio e máis vehículos estacionados.


Rapidamente, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros de Silleda, da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vila de Cruces.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Pouco despois, outros alertadores particulares chamaron ao CIAE-112 Galicia para explicar que o lume propagárase a outros dous coches e xa afectaba á fachada do edificio máis próximo. De feito, un veciño do inmoble alertou de que, malia ter as ventás pechadas, o fume estaba a entrar na súa vivenda.


Os Bombeiros traballaron para apagar as lapas, tralo que comunicaron a relación de danos materiais sin que ningunha persoa precisara asistencia sanitaria.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page