Un incendio afecta xa unhas 40 hectáreas dunha zona situada entre Palas de Rei e Toques
- ecosdacomarca
- 19 sept 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Palas/Toques

Como xa vos adiantamos de madrugada, un incendio afecta dende onte á noite a unha zona situada entre os concellos de Palas de Rei e Toques. Aínda non está apagado e xa afectou a unhas 40 hectáreas.
Publicidade
Segundo os datos da Consellería de Medio Rural, das 9:00 horas, este incendio está estabilizado dende ás 8:27 horas. Iniciouse no concello lucense de Palas de Rei, na parroquia de Cuiña, e afecta tamén ao territorio do veciño municipio coruñés de Toques.
Publicidade
O lume iniciouse ás 23:32 horas de onte mércores, afecta arredor de 40 hectáreas
e para o seu control mobilizáronse 11 axentes, 14 brigadas, 16 motobombas e 1 pa.
Comments