top of page

Un home resultou ferido no municipio de Touro ao quedar atrapado baixo o tractor que manexaba

Ecos da Comarca/Touro

Un home resultou ferido esta mañá no municipio de Touro ao quedar atrapado baixo o tractor que manexaba. Os Bombeiros de Arzúa encargáronse da excarceración do implicado, que a continuación foi evacuado en ambulancia polo persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Ás 12:20 horas, o 112 Galicia recibiu o aviso dun particular que se atopaba no lugar dos feitos: un home quedara atrapado debaixo do tractor que manexaba nunha finca do lugar de Subres, na parroquia de Cornado en Touro.


Rapidamente, os xestores do 112 solicitaron a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil, dos Bombeiros de Arzúa e dos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Touro.


Entón, os servizos sanitarios confirmaron que desprazarían ata o punto o helicóptero medicalizado con base en Ourense, ademais dunha ambulancia. Ao mesmo tempo, os Bombeiros de Arzúa procedían a retirar á persoa de debaixo do vehículo facendo uso do seu material de excarceración.

Unha vez liberado, o implicado foi trasladado en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page