top of page

Un home resulta ferido tras sufrir un accidente laboral en Melide

Ecos da Comarca/Melide

Un home resulta ferido tras sufrir un accidente laboral en Melide, tal e como informa o 112 Galicia. O operario foi evacuado en helicóptero polo persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Foto de arquivo.
Foto de arquivo.

 Segundo indicaron os profesionais sanitarios o home sufriu un corte importante, deixándoo ferido de consideración, cando facía o seu traballo ao carón dunha granxa situada en Orois (Santa Cristina), no concello de Melide.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Tras recibir o aviso dun particular sobre as 16:00 horas, os xestores do 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia- 061, que derivou ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago. Igualmente, avisaron aos axentes da Garda Civil e da Policía Local, así como aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

Os axentes da Garda Civil confirmaron o traslado do operario na aeronave ao centro hospitalario de referencia.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page