top of page

Un home resulta afectado por inhalación de fume en Silleda ao tentar rescatar a alguén dun incendio

Ecos da Comarca/Silleda

Un home resultou afectado por inhalación de fume ao tentar rescatar a alguén dunha vivenda incendiada en Silleda, mais a persoa que buscaba non se atopaba na casa, tal e como informa o 112 Galicia.

Foto de arquivo.
Foto de arquivo.

Os feitos ocorreron ás 18:30 horas desta tarde nun domicilio da Bandeira, na Rúa Camilo José Cela, cando o fume do incendio comezou a observarse desde o exterior da vivenda. 

As chamadas recibidas no 112 Galicia facían referencia a este mesmo escenario: unha vivenda situada nun segundo piso da que saía fume. Ningunha das testemuñas podía asegurar que houbese persoas no interior, sen embargo, á chegada dos axentes da Policía Local, avisaron da necesidade de contar cos recursos sanitarios para atender ao dono da vivenda, que inhalou fume cando entrou na casa para rescatar a outra persoa.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Finalmente, comprobouse que ningunha outra persoa estaba no interior do domicilio, pero o propietario seguía necesitando axuda pola súa exposición ao fume. Por iso, o servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 enviou varias dotacións ao punto, entre elas, o helicóptero medicalizado con base en Santiago, onde foi trasladado ata o Hospital Clínico de Santiago.


Pola súa parte, os Bombeiros de Deza fixeron fronte ao incendio, que danou a cociña por completo e, en xeral, o inmoble resultou afectado polo fume.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page