Un home recibe asistencia médica tras caer dunha árbore en Silleda
Ecos da Comarca/Silleda

Os servizos sanitarios de urxencia atenderon na noitiña pasada a un home que sufríu unha caída cando talaba árbores nunha leira privada en Silleda. Segundo a información recollida no 112 Galicia, os feitos ocorreron pasadas as 19:00 horas de onte no lugar de Costoia.
Alí estaba o ferido, xunto coa súa familia, cortando as árbores dun predio particular cando caeu dunha altura duns catro metros.
Para ser atendido, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 enviaron unha dotación ao lugar e tamén acudiron os axentes da Garda Civil co fin de descartar que se trataba dun accidente laboral.








Comentarios