top of page

Un home foi atropelado hoxe en Melide

Ecos da Comarca/Melide

Esta tarde rexistrouse un atropelo no municipio de Melide. Os Servizos Sanitarios alertaron ao 112 Galicia escasos minutos das 18:00 horas.

Tal e como informa o 112 Galicia a vítima foi un home duns 70 anos que foi alcalzado por un vehículo no Carballal, na estrada que enlaza este lugar melidense con Santa María.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

O afectado foi trasladado ao Punto de Atención Continuada (PAC) de Melide. O 112 Galicia informou aos Bombeiros de Arzúa, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e a Protección Civil da localidade.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page