Ecos da Comarca/Melide
O 112 Galicia foi alertado este sábado preto das 17 horas por un particular que alertaba na chamada de que unha persoa caera dun tellado, tal e como informa o propio 112 Galicia. O suceso ocorreu na Avenida Toques e Friol da localidade de Melide.
"Inmediatamente avisamos a Urxencias Sanitarias que decidiron mobilizar o helicóptero con base en Santiago", indica o 112 que tamén avisou á Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil de Melide.
Publicidade
"Unha vez no lugar, a Policía Local indicounos que se trataba dunha caída moi grave", puntualiza o 112. Por desgraza, o home faleceu. Trátase dun veciño da localidade melidense, natural do municipio de Arzúa, de 41 anos.
Komentar