Un home falece en Agolada tras envorcar co seu tractor
- ecosdacomarca

- 1 may 2022
- 1 Min. de lectura
O suceso ocorreu na parroquia de Ventosa de onde é a vítima, de 85 anos
Ecos da Comarca/Agolada
Un home perde a vida en Agolada tras envorcar nunha leira o tractor que manexaba. O 112 Galicia recibiu información sobre o tráxico suceso ás 23:30 horas de onte a través da chamada de alerta dunha persoa particular, que localizou o vehículo agrícola envorcado nun predio. Indicou que se atopaba na parroquia de Ventosa, preto da PO-212, onde se aparta para o río.

Fontes oficiais indican que o home "tiña 85 anos e viña de volta para casa despois de ter unha reunión veciñal pola traída da auga no local social. O accidente produciuse cando saíu da estrada que vai de de Agolada a Rodeiro e fóiselle o tractor no cruce de Río, aldea onde el habitaba"
Con estes datos, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias enviou os avisos necesarios tanto aos Bombeiros do Deza, como aos membros do GES de Lalín, ademais dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que nada puideron facer por salvar a vida do home.
Pola súa banda, os efectivos do parque comarcal e do Grupo Supramunicial de Emerxencias ocupáronse de rescatar o corpo sen vida do señor, que estaba atrapado baixo o vehículo. Neste operativo, tamén colaboraron os axentes da Policía Local e da Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil da localidade.







Comentarios