Laura Moure/Melide
Un home faleceu despois de cortarse cunha amoladora cando realizaba traballos nunha explotación gandeira na parroquia de Folladela, no concello coruñés de Melide. Ás once desta mañá, os servizos sanitarios contactaban co 112 Galicia para informar da mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela para o Punto de Atención Continuada da localidade. Indicaban que un home sufrira un accidente cunha rebarbadora.
Aínda que nun primeiro momento, os profesionais sanitarios valoraron mobilizar a aeronave, esta acción foi anulada ao confirmarse que o home estaba falecido. Para aclarar as circunstancias do suceso, ata o lugar desprazáronse os axentes da Garda Civil e Policía Local tras ser avisados polos xestores do 112.
Toda esta información foi proporcidada polo 112 Galicia.
O centro médico melidense e Punto de Atención Continuada.
Autor: Ecos da Comarca
Comments