Un home córtase cunha motoserra en Agolada
- ecosdacomarca

- hace 3 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Agolada
Este sábado foi preciso mobilizar o helicóptero medicalizado de Urxencias Sanitarias de Galicia con base en Santiago ao municipio de Agolada. Tal e como informa o 112 Galicia foi alertado por un accidente cunha maquinaria agrícola.

Publicidade
"Tratouse dun home que se cortou nunha perna cunha motoserra nunha finca situada preto da N-640 en Ferreiroa", sinala o 112.
PUBLICIDADE
Ata alí, ao pé da estrada nacional, desprazáronse ademais do helicóptero, unha ambulancia do 061 así como Protección Civil e Garda Civil.








Comentarios