top of page

Un grupo de 60 cruceños participou nunha andaina polos días mundiais da Actividade Física e da Saúde

Os camiñantes foron do casco urbano ata a praia fluvial de Abeseiro, onde realizaron exercicios de pilates


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Máis de 60 persoas participaron onte nunha andaina organizada polo Centro de Saúde de

Cruces en colaboración co Concello, con motivo do Día Mundial da Actividade Física

(luns, 6 de abril) e o Día Mundial da Saúde (martes, 7 de abril).

 PUBLICIDADE

A actividade consistiu en percorrer dúas opcións de ruta, unha curta de seis quilómetros, de Cruces á praia fluvial do Abeseiro, na parroquia de Toiriz; e unha segunda ruta longa de once quilómetros, de Cruces a Toiriz e de regreso de novo á vila. En ambos percorridos, o grupo de camiñantes fixo unha parada no Abeseiro para repoñer forzas e hidratarse, un avituallamento de froitas e auga que aportaron os supermercados locais Fernández Torres e Merca Más que colaboraron na iniciativa xunto ás empresas de saúde Fresenius Kabi e Roche. Ademais, habilitouse transporte para quen non quixo realizar a ruta completa.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O grupo, composto por mulleres e homes de diferentes idades, realizou o percorrido acompañado por unha educadora familiar, unha educadora social en prácticas e persoal do centro sanitario, ademais das concelleiras Noemi Lois e Mireya Otero e demais persoal municipal, como o Policía Local que controlou a saída dos camiñantes do casco urbano. Tamén o monitor do Ximnasio Municipal e profesor de pilates deseñou unha táboa de exercicios que se realizaron na área de Abeseiro.


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page