Un grupo de 140 veciñas e veciños de Cruces visitaron este domingo a Illa da Toxa e Cambados
- ecosdacomarca

- hace 4 horas
- 1 Min. de lectura
Na excursión, na que estiveron acompañados polo alcalde, Luís Taboada, e a concelleira, Noemi Lois, realizaron un paseo en catamarán pola ría de Arousa
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O Concello de Vila de Cruces organizou este domingo unha excursión á Illa da Toxa e Cambados, no marco do programa “Viaxa con nós” destinado a facer viaxes turísticas de proximidade para que a veciñanza coñeza puntos de gran valor cultural e medioambiental.

PUBLICIDADE
O alcalde, Luís Taboada, e a concelleira de Benestar Social, Noemi Lois, acompañaron ás 140 veciñas e veciños que desfrutaron dun soleado día de lecer polas Rías Baixas.
PUBLICIDADE
Percorreron a ría cun paseo en catamarán, aprendendo sobre o funcionamento das bateas, ademais de gozar das vistas e dunha degustación de mexillóns, para rematar o día cun xantar e percorrido pola vila de Cambados.








Comentarios