Un gandeiro resultou ferido en Silleda logo de que unha vaca lle soltara unha couce
- ecosdacomarca
- 3 sept 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
Un gandeiro resultou ferido logo de que unha vaca lle soltara unha couce en Silleda, tal e como informa o 112 Galicia. Ocorreu nunha feira celebrada nesta localidade pontevedresa e os servizos sanitarios tiveron que trasladalo en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

Pasaban as 1 horas da madrugada cando un particular contactou co 112 Galicia a fin de solicitar asistencia sanitaria para un gandeiro ao que unha vaca lle acababa de soltar unha couce nunha feira en Silleda. Segundo comunicaba o alertador, o implicado queixábase de dor na zona das costelas.
Publicidade
Ademais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, neste operativo colaboraron os axentes da Garda Civil.
Comments